Onte tivo lugar o acto de constitución da Plataforma Cidadá "Campo de herba artificial xa" no Centro Comarcal de Ribadavia.
O obxetivo da plataforma é denunciar e esixir a falta de instalacións dignas para as nenas e nenos da Comarca do Ribeiro.
Os asistentes que enchían o salón de actos fan un chamamento a todas as institucións públicas para que dean unha solución definitiva que de resposta á nosa xusta reivindicación.
A directiva estará formada entre outros por Fernando Fernández, presidente, Sagrario Rodríguez, portavoz, e Sindo Rodríguez, tesoureiro.
O primeiro acto da plataforma terá lugar o próximo 5 de xaneiro durante a Cabalgata dos Reis Meigos
2 comentarios:
www.masidejuvenil.blogspot.com fai un enlace se podes,grazas,dirección maside xuvenil.
XA TEDES O ENLACE NO GRUPO DE AMIGOS.
UN SAUDO.
Publicar un comentario